O Real Decreto 970/2020 de 10 de novembro de modificación do Regulamento Xeral de Circulación (R.D. 1428/2003) da unha nova redacción, en canto aquí importa, ós límites
xenéricos máximos da velocidade en vías urbanas e travesías, establecido ata agora e de maneira ininterrompida en 50 quilómetros por hora.
En aplicación do disposto no art. 50 do Regulamento Xeral de Circulación, na súa redacción dada polo Real Decreto 970/2020 de 10 de novembro, establezo que a partir do 11 de maio de 2021 os límites de velocidade das rúas de titularidade municipal relacionadas no anexo III serán os establecidos en cada caso no mesmo.
Os expresados límites de velocidade serán sinalizados polos servizos técnicos municipais na forma regulamentariamente establecida.
Dese conta do presente Decreto á Xefatura da Área de Seguridade e á Xefatura da Policía Local.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!